Traballamos a propiocepción con esta actividade: primeiro tiñamos que recortar dunha fotografía propia os ollos, o nariz e a boca; despois, metendo os brazos nunha caixa debíamos colocar as partes no noso propio rostro. Os resultados son moi divertidos pero non vos enganedes! Non é nada doado!!
Tamén traballamos o grafismo creativo empregando as nosas mans. Elaboramos unha ensalada de mans moi saborosa, actividade proposta por Hervé Tullet na súa obra La cocina de los dibujos.