Con motivo do 25N levamos a cabo diferentes actividades:
Elaboramos unhas sinais de prohibido con forma de corazón para prohibir todo tipo de violencia de xénero, durante uns días decoraron as fiestras da nosa aula.
Despois de comentar a obra La Mona Lisa de Leonardo Da Vinci inventamos unha nova persoalidade para ela, máis acorde coa nosa sociedade e cos valores de igualdade. Deste xeito, retratamos Monas Lisa cantantes, cociñeiras, pintoras, científicas... porque hoxe en día unha muller pode ser o que ela queira e non existen profesións “de homes” nin “de mulleres”.
A raíz disto vimos a versión galega que o artista compostelán Deiviz Costoya fixo do cadro de Leonardo, A Giococha, e pareceunos tan divertida que quixemos coloreala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario