jueves, 2 de abril de 2020

FaCemos o ExperIMENTo




Día MuNdiAL do AutisMo

A profe Mari envíanos esta fermosa iniciativa 😍 EU APÚNTOME ☝🏽

DíaINterNaCIoNaL do LiBro InFAntiL e XuVenIL

Hoxe , 2 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e aínda que estamos na casa imos celebralo elaborando entre tod@s un BOOK FACE. Para isto, imos elexir un libro infantil que na portada teña unha cara e imos sacar unha foto con el (enviádema para subilas ao blog). Cando todo isto pase, exporémolas na escola 👏🏽👏🏽🤗 Aquí vos deixo a miña, coa ilustración de Benjamin Lacombe da nosa querida Frida 😍 e non esquenzades LER...


O desCuBrimENto de NicOlás



Tranquil@s!! non é que Nicolás adoptara estos animais tan perigosos, simplemente descubriu unha nova aplicación do móvil e quere compartila con vós. Se queredes probar, estes son os pasos a seguer:
- ir a google
-poñer no buscador:”tiburón”
- aparecerán moitos enlaces, baixar un pouco a páxina ata que apareza “ver en 3D”, pulsar
-aparecerá un botón que di:”ver en tu espacio”, pulsalo
-enfoca coa cámara do móvil ao chan e fai pequenos círculos con el 
-e aí tes ao teu tiburón!!
Pódese facer con varios animais, déixovos a listaxe:


miércoles, 1 de abril de 2020

MisiÓnS do XovEs

Misión 1: 
Imos facer un experimento: temos que debuxar e recortar uns nenúfares de papel.
Lembrade que os nenúfares ou flores de loto son flores de grande beleza capaces de medrar e sobrevivir en entornos e circunstancias adversas; deste xeito, simbolizan procesos vitais nos que os seres humanos aprendemos a medrar nas dificultades. Como curiosidade contarvos que esta flor está moi ligada á cultura budista, pois conta a lenda que cando o pequeno Buda deu os seus primeiros pasos cada vez que pisaba o chan, agromaba un nenúfar. 


Unha vez teñamos os nenúfares recortados, imos pechar os seus pétalos (dobramos todos cara o mesmo lado) e imos pousalos nun recipiente con auga. Que é o que vai acontecer? quén sabe explicalo?


Unha vez rematado o experimento, imos escribir unha listaxe coas cousas que precisamos para facelo e facemos tamén un debuxo para ilustralo. 

Misión 2:
Somos nenúfares. Descubrimos a asana (postura de ioga) da flor de loto. Facendo a postura pechar os ollos e concentrarse na respiración (tomamos aire polo nariz e expulsamos pola boca). Podemos acompañarnos de música relaxante. 

“Podrán cortar todas las flores,
pero jamás podrán detener la primavera”
Pablo Neruda



Os ConTiÑos de TarEiXa


O ciRcuiTo de SabeLa