sábado, 17 de octubre de 2020

Os Nosos FRANkENsTeiNs

 Inspirándonos unha vez máis na obra de Susana Blasco elaboramos un colaxe coas caras dos membros do noso equipo. O obxectivo era reflexionar sobre as nosas diferencias  e semellanzas e vaia se o acadamos. Fixámonos en todo iso que todos temos pero que á vez son diferentes de uns a outr@s e valoramos a diversidade como algo positivo e divertido. De feito, os nosos colaxes convirtíronse nas nosas criaturas, algunhas sen nariz, outras con dúas bocas, outras picassianas cun ollo máis arriba ca o outro... pero todas válidas, divertidas e marabillosas!! 









MiNi-PRoxEcTo YAYOI KUSAMA




Continuamos traballando o grafismo de xeito creativo e isto dou pé a falar do puntillismo, dos puntos saltamos aos círculos e de aí a Yayoi Kusama, a artista xaponesa viva máis importante e unha das artistas contemporáneas vivas máis relevantes. 



Os seus característicos puntos (aparecen nas súas obras dende moi xoven) son a representación artística das alucinacións que sufriu durante anos.


Plasma os seus episodios psicóticos mediante as cores e as formas.
Yayoi leva 37 anos vivindo nun hospital psiquiátrico no Xapón por vontade propia e alí pinta cada día.

 


As súas obras plasman a repetición e o infinito e as cabazas son un elemento fetiche na súa obra.



De aí a idea de decorar unha cabaza ao estilo Yayoi...




Animádevos e este Samaín decorade as vosas cabazas 
ao estilo Yayoi!!

* Imaxes e inspiración @lemonartlab 

ELABoRAMoS os NosOs XoGUETEs

 Estivemos a elaborar con material de refugallo (cartón e tapóns de plástico) un puzle deslizante que nos vai axudar a interiorizar a recta numérica. Aquí o tedes:




lunes, 12 de octubre de 2020

O reCReo dOs vENREs

 Os venres imos poder facer o recreo no patio novo, onde está ubicado o parque. A verdade que é un aspecto positivo poder desfrutalo sen masificacións e con tranquilidade. Déixovos unhas imaxes do venres pasado, foi fermoso ver a emoción por voltar e velos desfrutar sen agobios, sen ruídos e sen présas. 






ANIvERsARIoS

Este curso imos seguir celebrando a vida e os aniversarios. A torta ten que ser de xoguete pero iso non vai ser obstáculo para continuar xirando ao redor do sol. Ademáis, imos debuxar os nosos desexos e gardalos nun fermoso frasquiño para a/o homenaxada/o ❤️




 

sábado, 3 de octubre de 2020

PRIMEIROS DÍAS

Queremos amosarvos algunhas das tarefas que fomos facendo  estas primeiras semanas. 
Estamos a afondar no trazo con actividades de grafismo creativo:


Tamén de forma cotiá traballamos nos distintos recunchos da aula: 

O recuncho de biblioteca e lectoescritura




O recuncho de matemáticas 



O recuncho dos MiniMundos



O recuncho do xogo simbólico


O recuncho dos artistas



Estamos a traballar o esquema corporal partindo das nosas fotografías e tomando como inspiración a obra de Susana Blasco, ilustradora e artista plástica especialista en colaxe. 


















Como vedes, estamos a traballar e esforzarnos moito 😊















BENVID@S A UN NOVO COMEZO

Din que os comezos son difíciles de por si e quizáis este inicio de curso o sexa un pouco máis. Estamos nun aula nova, cunha nova distribución e unha metodoloxía diferente á do curso pasado, levamos mascarilla e traballamos en pequenos grupos, lavamos mans e hixienizamos materiais de continuo, temos que coidar que a aula estea ben ventilada en todo momento, non podemos abrazarnos e cústanos entendernos sen vernos as caras... pero nada disto vai poder coa nosa motivación nen coas ganas de aprender xuntos. Benvido Curso 2020-2021! Temos moitas esperanzas postas en ti!!