Martín celebrou o seu terceiro aniversario!
PARABÉNS, MARTÍN!!
- Lemos o conto Xela volveuse vampira e aprendemos a fermosa poesía que aparece nel.
Traballamos o grafismo con distintas técnicas e materiais plásticos, e facémolo sempre mediante o xogo.
Estamos a experimentar coa plastilina, xa sabemos facer "churros" e aproveitamos para facer unha figura moi sinxela: O CARACOL e levarnos para a casa un fermoso imán de nevera.
Estamos a empregar no noso proxecto un libro titulado "Yayoi Kusama: De aquí al infinito" que vos recomendamos para coñecer máis cousas sobre esta artista.