Ademáis Ramón está a cuidar dos nosos vermes de seda, misión que lle está a ser complicada, pois como xa sabedes, os vermes só comen follas de moreira e ir buscalas está a ser una misión moi difícil xa que temos que ficar na casa a salvo dese virus que merodea por aí. Temos que agradecer ao pai de Ramón, Sindo, que se está arriscando a unha multa e pedir ás autoridades que se o paran por favor non o multen. Grazas a el, aínda que esteamos na casa, imos poder seguir aprendendo sobre os vermes de seda. GRACIÑAS Sindo!! Vense ben mantidiños!! 👌🏽
martes, 24 de marzo de 2020
MIsiÓns do Día
MiSióN 1:
Imos debuxar nun folio cinco cousas (tamén podemos recortar as imaxes dunha revista, folleto...). Escribiremos debaixo de cada debuxo ou imaxe o seu nome. Por último, se ao final fixemos debuxos, os colorearemos. As palabras as escribiremos con lápis e as repasaremos cos colores (ceras ou rotus) Non esquenzades poñer a data (o formato da data será: 24-3-2020) e o nome.
Neste traballo probablemente precisemos da axuda dos papás, pronunciando lentamente e de maneira esaxerada as palabras axudando á discriminación auditiva das letras e, unha vez rematada a ficha, transcribindo debaixo de cada palabra, sempre con letras maiúsculas e empregando o mesmo utensilio, neste caso o lápis. Agardo que este exemplo vos aporte luz 😄
MiSióN 2:
Imos afondar nesas novas palabras e imos escribilas con plastilina (con escribir 2 ou 3 será suficiente). Podemos axudarnos das tesoiras para cortar a plasti.
MiSIón 3:
Hoxe imos lembrar o conto “Vivan las uñas de colores”. Lembrades a Juan? aquel neno ao que lle encantaba pintar as uñas de cores?
Pois ben, hoxe é o día!! 💅🏽Imos pintar as uñas de cores, ollo 👁, nós teremos que conseguir pintarllas a alguén. Mirade o bonitas que lle quedaron a Adrián 😍
Unha proposta menos arriscada pode ser trazar a silueta das nosas mans en cartón, recortalas e pintarlle as uñas. Vos imaxinades? poderiades pintalas de cores distintas cantas veces queirades!! 😁
TeMoS NoVas de AluChe
Hola Chic@s!! qué tal lleváis el confinamiento? La verdad es que yo tengo mucha suerte porque mi casa tiene una finca muy grande y no ha cambiado mucho mi vida. Eso sí... ya no nos damos larguísimos paseos todos los días. Mi humana es demasiado responsable y dice que yo, al poder hacer mis necesidades en el jardín, no debo salir por responsabilidad. La verdad es que me gustaría que esto acabase pronto para poder volver a ir a la playa, al parque de perros, a dar charlas a los coles...
Pero todo esto pasará amig@s, si somos responsables y nos quedamos en casa.
Ánimo amiDOGS!!!
Aluche 🐶🏡
lunes, 23 de marzo de 2020
TeMos nOvAS de BerTa
BERTA e o seu irmán XANDRE mándannos unhas fotiños para que vexades
OS ARTISTAS QUE ESTÁN FEITOS!! 🤗😍
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




































