viernes, 15 de mayo de 2020

ReceiTa en LSE

A mestra Tareixa déixanos unha receita saborosísima para que vos animedes a facela esta finde en familia. Qué vos parece, para que non se nos esquenza, escribir nunha folliña os ingredientes que necesitamos (tamén podedes debuxalos e incluso recortar fotos dos folletos de publicidade do supermercado para que vos quede máis bonita). A cociñar!


MiSiónS do venRes

MisiÓn 1: E para rematar a Semana das Letras e agora que xa tedes dominada a canción “Tengo una hormiguita” imos xogar como facemos no cole; todos os días na asemblea escollemos unha palabra para que sexa a contrasinal do día e vemos cantas palmaditas ten, a qué clube pertence... e as vogais☝🏽 e xogamos a dicir esa palabra co A, co E... e así sucesivamente con todas as vogais. 
Imos buscar palabras (poden ser as do voso bote de palabras bonitas) e imos escribilas nun folio. Ao carón imos escribir esa mesma palabra pero substituíndo as vogais. Por exemplo: a min ocórreseme a palabra “PAPÁ”. Escribiríamos PAPÁ e despois escribiríamos:
PAPA - PEPE - PIPI - POPO - PUPU
A medida que imos escribindo e lendo o que escribimos pensaremos si esa palabra que nos sae existe, significa algo, ou tan só é unha palabra inventada. Aproveitamos tamén para comprobar que polo feito de cambiar as vogais o número de letras non varía, nin o de palmadas.




miércoles, 13 de mayo de 2020

BrunO ten Unha formigUiña 😱

Bruno atreveuse coa canción “Tengo una hormiguita” e iso que é mooi difícil.
BRAVO BRUNO! 👏🏽


Carla’s song 👌🏽


As nOsas PitAs

Xa chegan fotos das nosas pitas. Coidado! non as deixedes baixo a choiva!


A pita de Sabela é moi poñedora: xa puxo un ovo ben grande 😆


Colitas, Catalina e Choca, as pitas de Alma 😍


Colorida, a pita de Bosco 😁


Chocolate, a pita de Sima 🤗

MariTarefas


Hoxe parece que vai chover. Qué vos parece aproveitar para experimentar estas propostas que nos achega a profe Mari? Aquí ule a diversión! 

PINTA CON VOLUME



CÓMO FACER PINTURA ESPONXOSA NA CASA