sábado, 30 de enero de 2021

CELEBRAMos o DíA DA PAz



Traballamos o conto “O homiño de papel”. Deixámosvos o video do conto e unha imaxe dos nosos homiños de papel nunha paisaxe de debuxos, colores e palabras de paz ❤️




CELEBRAMos os ANivERsARios

 Neste tempo sen vernos estivemos moi ocupad@s celebrando algúns aniversarios. 

PARABÉNS PARA TOD@S!! 


BRUNO, 5 ANOS!!


AZAHARA, 6 ANOS!! 


RAMÓN, 6 ANOS!!




domingo, 6 de diciembre de 2020

SEGUiMos coÑEcENDo o Noso CoRPo



 Traballamos a propiocepción con esta actividade: primeiro tiñamos que recortar dunha fotografía propia os ollos, o nariz e a boca; despois, metendo os brazos nunha caixa debíamos colocar as partes no noso propio rostro. Os resultados son moi divertidos pero non vos enganedes! Non é nada doado!!


Tamén traballamos o grafismo creativo empregando as nosas mans. Elaboramos unha ensalada de mans moi saborosa, actividade proposta por Hervé Tullet na súa obra La cocina de los dibujos.
   
           


YAYoIzANDo

Continuamos co noso miniproxecto sobre a artista Yayoi Kusama. Esta vez, ante a imposibilidade de crear a nosa propia instalación e inspirad@s na súa habitación infinda, decoramos unha das nosas fiestras interiores. Foi un traballo de tod@s no que desfrutamos do proceso. 

     

O noso mural de aula cada vez está máis completo, proba de que o noso proxecto está chegando ao fin. 




MÁis 25N

 Con motivo do 25N levamos a cabo diferentes actividades:

Elaboramos unhas sinais de prohibido con forma de corazón para prohibir todo tipo de violencia de xénero, durante uns días decoraron as fiestras da nosa aula.



Despois de comentar a obra La Mona Lisa de Leonardo Da Vinci inventamos unha nova persoalidade para ela, máis acorde coa nosa sociedade e cos valores de igualdade. Deste xeito, retratamos Monas Lisa cantantes, cociñeiras, pintoras, científicas... porque hoxe en día unha muller pode ser o que ela queira e non existen profesións “de homes” nin “de mulleres”. 





A raíz disto vimos a versión galega que o artista compostelán Deiviz Costoya fixo do cadro de Leonardo, A Giococha, e pareceunos tan divertida que quixemos coloreala. 







domingo, 29 de noviembre de 2020

DíA DAS FAMILIAS DE ACOLLIDA

 Celebramos na escola o Día das Familias de Acollida asistindo á escola en pixama, para visibilizar o dereito de aquel@s nen@s que non poden estar cos seus pais biolóxicos (polos motivos que sexan) a ter unha familia que os acolle, que lles lea un conto antes de durmir, os agoche entre as sabas e lles dea un bico de boas noites. 







AcTiViDADEs

 Estamos a afondar no coñecemento das principais partes do noso corpo e para plasmar este traballo facémolo mediante actividades impresas que ao empregar a propia imaxe (coa fotografía persoal) fanse máis significativas. Tamén modelamos o propio corpo  e o d@ compañeir@. MOI BO TRABALLO! Aquí algúns exemplos: