martes, 17 de marzo de 2020

MiSiÓnS dO Día


MiSiÓn 1:
Imos elaborar o noso dominó de letras. Precisamos papel, lápis e ROtuladores (os retuladores aínda non fun capaz de averiguar qué son). Pedimos a un adulto que nos debuxe uns rectángulos xeitosos e xa podemos escribir as letras, primeiro co lápis e despois repasando cos rotus cada letriña dunha cor para que nos quede ben vistoso e corido. 


MiSiÓn 2:
Imos facer unha carreira de coches. Precisamos uns coches, tantos como xogadores, un dado e cinta adhesiva (se pode ser de cores mellor, o mundo en cor sempre se ve máis alegre. Poñemos cinta no chan e marcamos unhas casillas, en cada casilla escribimos un número, do 1 ao 20 estaría xenial. Lanzamos o dado e o noso coche avanza tantas casillas como indique o dado. A ver quén gaña!!

MiSiÓn 3:
Sabedes que teño unha pombiña que voa taaaan alto e taaaan veloz que o coronavirus non pode nin facerlle cóxegas? pois ben, contoume que estades a sair ás fiestras a aplaudir a todas esas persoas que coidan de nós e coma homenaxe imos pintar con rotuladores (mellor se son permanentes) unha camiseta vella para facer un disfraz e poñelo cando saiamos á fiestra a aplaudir. Pétala vaise poñer moi contenta cando vos vexa!



Ilustración: Atolonia
                                                                   

No hay comentarios:

Publicar un comentario