As rutinas son os momentos nos que se divide a xornada e permiten ás nosas crianzas situarse no espazo e no tempo e anticiparse ao que vai acontecer aportándolles seguridade. A realización das rutinas de forma cotiá contribúe á adquisición de hábitos necesarios para a autonomía.
Un modelo de intres ou rutinas para levar a cabo de luns a venres (as fins de semana poden ser opcionais):
1. Erguerse e almorzar. Deixar que @ nen@ participe na preparación do almorzo.
2. Aseo e vestido. Insistir no lavado correcto das mans. Podedes elaborar unha secuencia con fotos e/ou debuxos que nos axude a seguir os pasos concretos.
3. Colaborar nas tarefas do fogar (airear o seu cuarto, facer a cama, recoller o seu cuarto, axudar na colada...).
4. Poñer ao día o calendario (arrodear o día no que nos atopamos e riscar o anterior, sinalar cun pequeno debuxo ou pegatina as datas destacables e contar os días que faltan, aproveitar se é o aniversario de alguén para felicital@, escribir a data...) e facer as tarefas escolares: lectoescritura ou lóxica-matemática.
5. Lavado de mans e merenda. Na medida do posible continuar co calendario das merendas do cole).
6. Xogo libre.
7. Relaxación.
8. Actividade plástica.
9. Recollida de material e xoguetes.
10. Lavado de mans e xantar (participar na posta dos servizos de mesa).
Pola tarde: aproveitar para ver unha peli, xogar en familia, intre de deporte, baño, cea e lectura antes de durmir.
Na escola teño para axudarlles na interiorización das rutinas sobre todo no primeiros días un “reloxo” con debuxos dos distintos intres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario