Sen dúbida é esta a palabra máis empregada nos últimos tempos. Pero @s vos@s fill@s saben realmente de qué se trata?
Non estou pensando en falarlles dende o pesimismo. Aínda que sendo realistas a situación reviste severa gravidade pídovos que fagades un exercicio de empatía e vos poñades no lugar d@s cativ@s. Algúns de vós tedes visto a película “La vida es bella”, nela un pai constrúe toda unha historia de fantasía para disfrazarlle ao seu fillo a experiencia vivida nun campo de concentración coma un xogo.
En nada axuda unha actitude derrotista ou negativa, temos que protexelos, non só coas medidas de prevención necesarias senón tamén con xogos e humor, pois debido á súa curta idade, non teñen ferramentas para facer fronte á situación que estamos a vivir.
- O xogo do coronavirus: pintar no dorso das mans con rotulador o virus e comprobar como vai desaparecendo a medida que levamos a cabo as medidas de hixiene.
- O xogo do coronavirus: pintar no dorso das mans con rotulador o virus e comprobar como vai desaparecendo a medida que levamos a cabo as medidas de hixiene.
- Explicarlles que ao tusir e ao estornudar imos protexernos coma Batman 🤣 porque superheroínas e superheroes protéxense e protexen aos demáis.
Para rematar déixovos un video que explica bastante ben en qué consiste o virus:



🤣🤣🤣😍 que se preparen os meus nenúfares porque vou mandar misións moi importantes ☝🏽 alégrome que esteades contentos, temos saúde, temos que estalo 💪🏽😘
ResponderEliminar