lunes, 20 de abril de 2020

MisiÓns do LunS

Comezamos unha nova semana e, con ela, novas misións e ademáis xa queda menos para poder saír a rúa a dar un paseíño, co cal temos que estar mooooi content@s!!!
Imos logo que temos moito que facer! 

Misión 1: 
Lembrades que no cole temos o mural do número protagonista? pois ben, atopei unha ficha moi primaveral (creación de @elbolsillodemibabi) para que poidades facer todos os días o voso propio panel do número protagonista na casa. Tedes que escribir o número protagonista, colorear tantas folliñas como corresponda, buscar os números veciños (anterior e posterior) e debuxar na maceta o número de flores. O ideal sería plastificalo para que servira para moitos días 🤷🏽‍♀️ Ides facelo moi ben!


Misión 2: 
Imos construír a cegas. Collemos unhas pezas de construcción e axudándonos dun cartón imos facer unha construción sen mirar (4 a 6 pezas). Despois, imos debuxalas, colorealas e buscar un nome para a nosa edificación e escribilo. 



E agardo que xa teñades feitos os vosos libriños, pois o Día do Libro está ao caer 🤗😘.


No hay comentarios:

Publicar un comentario