domingo, 19 de abril de 2020

NoVas Dos VerMes de sEdA

Os vermes de seda que tan ben están a coidar Ramón e a súa familia fanse maiores!!
E a proba está en que xa están na fase pupal do seu ciclo vital: xa son pupas. Teceron o seu casulo, esa especie de bola de cor branca que fan coa seda que eles mesmos producen nas suas glándulas salivales. E agora permanecen agochadiños dentro. Aí é onde fan a súa última muda. Qué vai pasar?? Cal será a próxima nova? 
Grazas Ramón e familia por estar coidándoos con tanto agarimo e adicación e compartilo con nós 😍




No hay comentarios:

Publicar un comentario