miércoles, 6 de mayo de 2020

MisióNs do MércOreS

Misión 1:
A mestra Tareixa déixanos un conto para aprender os nomes dalgúns animais da selva e do bosque en LSE. Podedes facer unha listaxe cos que aparecen no conto e contalos para saber cantos hai en total. 

Agora imos ver o seguinte video que nos deixan as teachers Natalia e Silvia. E a continuación colorearemos na seguinte ficha en inglés cada animal coa súa cor correspondente. Se non temos impresora non pasa nada, podemos debuxar os animais e colorealos igualmente. 



Misión 2: Sombras animais.
Déixovos uns exemplos de sombras de animais para que xoguedes coas mans; a ver se adiviñades de qué animais se trata. Seguro que a vós se vos ocorren outras, experimentade e amosádenolas! Para facer as sombras precisamos a luz: solar, lámpada, lanterna ou candea (sempre ca supervisión dunha persoa adulta). 








No hay comentarios:

Publicar un comentario