O noso amigo Peter Pan estaba moi enfadado coa súa sombra porque é moi fedella e sempre está a escapar. Nunha da súas viaxes a súa sombra chega ata Londres. Alí, Peter coñece a Wendy e aos seus irmáns. Wendy cóselle a súa sombra para que nunca máis volte a escaparlle.
Nós imos evitar que a nosa sombra se nos escape e ímolo facer debuxándoa. Así que hoxe a nosa misión principal vai ser: DEBUXAR SOMBRAS.
Onte Alma xogando coa súa sombra. Xogou ao pilla-pilla con ela, observou cómo a sombra desaparecía cando as nubes tapaban o sol, pintou a súa silueta no chan, fixo co seu corpo números e letras e trazounas. Vós tamén podedes facer todas esas cousas. Se non dispoñedes de espazo ou non vai sol, podedes trazar as siluetas na casa axudados por unha lámpada ou lanterna. Incluso podedes facer un corpóreo voso trazando a vosa silueta nun papel grande e enchéndoo.
Podes tamén trazar as sombras de obxectos ou dos teus xoguetes favoritos.
Tamén podes debuxar as siluetas de animais que sabes facer coas mans e enchelas. Podes debuxar outros obxectos e/ou personaxes coas mans?
Aproveito para presentarvos a Diego Cusano, un artista italiano que convirte calquer obxecto cotiá en arte. Na seguinte obra colorea unha silueta co ceo. Ti podes encher outras siluetas e crear sombras de cores. Só tes que debuxar ou buscar fotos e recortar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario