Misión 1: Botes de palabras.
Ricardo Carvalho Calero foi un gran defensor do idioma galego. Imos elaborar o noso frasco de palabras bonitas en galego. Só precisamos un bote, papel e lápis e a escribir. Podedes decorar o bote e as palabras ao voso gusto.
Misión 2: Un conto en galego.
A mestra Tareixa déixanos o conto Froitas.
Imos velo moooi atentamente e despois:
- imos lembrar todas as froitas que saen no conto.
- debuxámolas nun folio
- en outro folio escribimos os nomes das froitas con letras maiúsculas.
- comprobaremos a qué clube pertencen (número de letras).
- comprobaremos cantas palmadas teñen no seu nome (número de sílabas).
- recortamos os debuxos das froitas e facemos agrupamentos (segundo a cor, o tamaño...).
- recortamos os letreiros dos nomes e facemos agrupamentos (segundo o número de letras, de sílabas...).
- facemos comparacións entre os nomes (se teñen letras que coinciden, se comezan pola mesma letra...).
No hay comentarios:
Publicar un comentario