Misión 1: Xogamos ao VEXO -VEXO.
Aínda que xa tod@s sabemos cómo se xoga, imos aproveitar que estamos na Semana das Letras Galegas para facelo en galego e por escrito.
Co cal, unha vez acertemos a palabra iremos anotando nun folio os seguintes aspectos (sempre con letras maiúsculas):
- a palabra completa.
- a letra pola que empeza.
- o número de letras.
- o número de sílabas.
- o número de vogais (podemos desglosar anotando as vogais e escribindo á carón o número).
- o número de consoantes.
- por último faremos un debuxo do que representa esa palabra. Si se trata dun obxecto podemos empregalo como modelo e tentar que o debuxo sexa o máis realista (semellante ao modelo) posible.
Misión 2: Imos aprender cos Bolechas algo máis sobre Ricardo Carvalho Calero, homenaxado no Día das Letras Galegas 2020. Déixovos enlace ao libro en .pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario