Propóñovos para facer desta fin de semana unha experiencia única con dúas actividades:
Crear o voso propio TEATRO DE SOMBRAS. Precisades: unha caixa (do tamaño que prefirades), un anaco de tea ou papel branco (eu empregara unha bolsa do lixo branca) e cartolina negra para facer os personaxes. A caixa poderedes decorala ao voso gusto e cos personaxes hai infinitas posibilidades. Só tedes que deixar voar a vosa creatividade 🧚🏼♂️
E a outra actividade pode ser TOMAR UN BAÑO pracenteiro e artístico. Para isto imos elaborar pintura con espuma de afeitar e colorante alimentario (se non temos podemos experimentar con café, cúrcuma, pimentón, rooibós...) Estaremos convirtindo o baño en toda unha experiencia sensorial. A xogar!
“ A sombra non existe, o que ti chamas sombra é a luz que non ves”
Henri Barbusse
No hay comentarios:
Publicar un comentario