lunes, 11 de mayo de 2020

SemAna dAs LetRas gAleGas

Comezamos a Semana das Letras Galegas 2020 adicada ao escritor Ricardo Carvalho Calero. 
No seguinte vídeo podedes coñecelo mellor. 


Convidávosvos a ver o vídeo do seu conto “As pitas baixo a choiva”. 



Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do cole propoñen dúas misións:

Misión 1: Representar empregando algunha das fórmulas que aprendimos xogando coas sombras (co noso propio corpo, facendo sombras chinesas coas mans, con personaxes de cartolina e/ou obxectos) o conto ou algunha escea (podedes participar toda a familia).

Misión 2: Debuxar unha portada para o conto empregando a técnica que prefirades (lápis de cores, rotuladores, colaxe...)

Tedes ata o 18 de maio para enviar as vosas fotos, videos ou audios ao enderezo electrónico 

bibliotecaquiroga@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario