domingo, 21 de junio de 2020


“Cada segundo de vida es un momento nuevo y único en el universo, un momento que nunca se repetirá. Y qué les enseñamos a nuestros hijos? Deberíamos decirles a cada uno de ellos: eres una maravilla, eres único, en todos los años que han pasado no ha habido otro niño como tú”

Pablo Picasso



Remata un curso atípico que nos deixa a sensación de tempo roubado.
Un curso no que aprendín máis ca nunca de vós,
no cal me ensinastes unha vez máis que non se precisan grandes cousas para ser felices
e que todos podemos ser heroes e heroínas.
O fin de curso sempre soa a cancións, a risas nervosas e a clase alborotada,
ule a calor no patio, a carreiras, a mans sudadas e a días longos,
sabe á auga da fonte, á froita da merenda e á aperta de despedida...
Este fin de curso foi diferente para tod@s pero sei que co paso do tempo só lembraremos o bo,
lembraremos ese ratiño que pasamos xunt@s
para dicirnos o que nos botábamos de menos e as gañas que tiñamos de voltar,
para dicirnos ata pronto aínda que fora saudando dende lonxe e bicarnos coas olladas,
puxemos a alma nese intre e non hai unión máis bonita,
foi un “xa queda menos” sabendo que haberá máis de todo iso que nos fai felices,
que o imos poder desfrutar xuntos e vai ser xenial porque nós (nen@s, familias e mestr@s)
imos facer que o sexa.
GRAZAS, non deixedes nunca de celebrar a vida.
Nenas e nenos, sodes SUPER!

                                                                                                Isa

GRAFESTESIA

Déixovos un artigo moi interesante do psicomotricista Saúl López sobre grafestesia, se podedes poñédeo en práctica, ademáis de pasar un rato divertido, pode ser de grande axuda para nenos e nenas na lectoescritura. Facede clic na imaxe: 


Déixovos tamén unha pestana na frontal do blogue ao blogue activasumente.com que contén informacións diversas de interese para pais, nais e mestr@s. 

viernes, 19 de junio de 2020

martes, 16 de junio de 2020

XoGa coN nÓs

Déixovos un xogo súper divertido co cal pasar un bo intre!
Fai clic na imaxe e verás! 😉

domingo, 14 de junio de 2020

Día da LSE

Déixovos un vídeo que fixeron @s nen@s de Segundo B 
co seu titor Lois e Irene, mediadora do centro. 
Noraboa a tod@s!!!
e especialmente a Sofía, Luis, Samuel e Mauro! 👏🏻👏🏻


martes, 9 de junio de 2020

As rosQuiLLas do QuiRogA

Déixovos o vídeo que elaborou a mestra Tareixa con todos os que participastes 
na elaboración da receita das rosquillas de limón. 
GRAZAS por participar! ❤️


Concurso LSE

Estamos a buscar o logotipo para a canle de LSE de youtube da escola. 
Clica na imaxe para consultar as bases do concurso. 


miércoles, 3 de junio de 2020

The animals en INgLÉS e LSE


E MÁIS ADIVIÑAR!

Carla e Bruno déixannos tamén as súas adiviñas, pensade un pouco porque ...
NON SON NADA DOADAS! 😃




AdiViña, AdiViñaNza...


Xogamos ás adiviñas

Sima recolleu o guante e ademáis de deixarnos a solución á adiviña de Alma 👏🏻 déixanos unha nova adiviña cunha pista elemental 🧐: trátase dun conto que ten banda sonora ☝🏻 Qué será??




ACtiviDaDes nA NatUreZa

Estimadas familias, nenos e nenas:
Comenzamos o mes de Xuño inmersos nunha nova fase de desescalada que permite, entre outras cousas, saídas sen franxas horarias nun momento do curso escolar no cal, en circunstancias normais e máis nas que estamos a vivir, comézase a notar un normal e previsible cansancio do alumnado. Nalgúns casos tanto pais como nais incorpóranse as seus postos de traballo de forma presencial e todo isto, lóxicamente, está a dificultar a realización de moitas das actividades propostas no blogue. 
Como ben sabedes este blog naceu da necesidade de dar resposta ás familias que precisaban dunha pequena axuda á hora de manter unhas pequenas rutinas no momento de confinamento, pero chegando a este punto, no que xa se pode saír máis libremente á rúa, é preciso recuperar o tempo perdido e desfrutar do espacio exterior, na rúa, no campo, no bosque, na praia...
Por todo isto e despois de comentar e intercambiar opinións coa miña compañeira de nivel que foi quen impulsou esta idea, chego convencida á conclusión de que o mellor é, a partir de agora e ata fin de curso, deixarvos propostas semanais de actividades no exterior para quen queira facer uso delas.
Por suposto seguimos sendo o voso apoio e podedes, como ata agora, seguir mandando fotos e vídeos que seguiremos subindo aos blogues. 
Desfrutade desta nova fase!! 


lunes, 1 de junio de 2020

ChOCOlaTa

Sabiades que hai algúns contos, como “Chocolata” que teñen banda sonora? 
Déixovos a canción de “Chocolata” 
e se sabedes dalgunha outra banda sonora podedes escribir un par de frases e 
vemos se léndoas somos capaces de averiguar de qué conto se trata. 


MaRtEs de PsIcO

A mestra Lucía preparou para vós con moito agarimo un conto motor. Un conto motor é aquel no cal a medida que imos narrando temos que realizar as accións. Animádevos a facelo en familia, pasaredes un intre divertido e se ademáis o recolledes nun vídeo e nolo amosades mellor!! 👏🏻👏🏻