DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
Queridas familias:
Preparando as actividades coas que imos traballar esta conmemoración na escola, atopeime con esta imaxe, trátase dun cartel realizado pola ilustradora Elisabeth Martínez, gañadora da oitava edición do Concurso de Artes Visuais contra a Violencia de Xénero, organizado pola Consellería de Asuntos Sociais da Comunidade de Madrid.
Dúas palabras: AMOR e RESPECTO. Amor e respecto cara a muller. Dous valores que teñen que nacer en nós mesm@s. Por iso, está ben dicirlles ás vosas fillas que son fermosas (de seguro que o son, para calquer pai e nai a súa crianza é a máis fermosa do mundo), facerlles saber que sempre, aínda cando sexan persoas adultas e xa non o precisen, as ides protexer porque son o voso ben máis prezado...pero reflexionade un intre o importante que será para ela e para a súa autoestima saber que credes que son fortes, creativas, orixinais, independentes, emprendedoras, capaces, intelixentes...
Pensade un intre (non vos fará falta máis tempo) nesa cualidade que a define, e facédelle un agasallo lembrándolla nesta data tan significativa para que nunca a esquenza.
Facédelle ver tamén a labor das mulleres que, ao longo da historia, traballaron para que mulleres e homes desfruten dos mesmos dereitos e privilexios porque, aínda que é o xusto e normal, desgrazadamente, non sempre é así. E por suposto que valoren os esforzos doutras mulleres e tamén de moitos homes que loitaron e loitan pola igualdade.
FELIZ DÍA 💜
No hay comentarios:
Publicar un comentario