domingo, 29 de noviembre de 2020

DíA DAS FAMILIAS DE ACOLLIDA

 Celebramos na escola o Día das Familias de Acollida asistindo á escola en pixama, para visibilizar o dereito de aquel@s nen@s que non poden estar cos seus pais biolóxicos (polos motivos que sexan) a ter unha familia que os acolle, que lles lea un conto antes de durmir, os agoche entre as sabas e lles dea un bico de boas noites. 







AcTiViDADEs

 Estamos a afondar no coñecemento das principais partes do noso corpo e para plasmar este traballo facémolo mediante actividades impresas que ao empregar a propia imaxe (coa fotografía persoal) fanse máis significativas. Tamén modelamos o propio corpo  e o d@ compañeir@. MOI BO TRABALLO! Aquí algúns exemplos: 














CoIDÁNDoTE, coIDÁNDoNos


Durante o presente curso imos traballar nun proxecto titulado: “Coidándote, coidándonos”, centrado na Saúde.

Queremos aproveitar as estratexias que estamos a desenvolver nas aulas en relación coas medidas de prevención e seguridade establecidas no Protocolo Anti-Covid para ampliar o tema e traballar a Saúde desde os tres eidos recollidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS): saúde física, saúde psíquica ou mental e saúde social, e non só como a ausencia de enfermidades.

A Educación para a Saúde contémplase no currículo escolar como un tema transversal, introducíndose nas aulas aproveitando as situacións cotiás e as experiencias concretas xurdidas; deste xeito podemos evocar: a hixiene de mans, o calendario de merendas saudables, a cura de feridas leves, as situacións de xogo simbólico relacionadas co ámbito sanitario, a expresión das emocións, a importancia de establecer relacións equilibradas co grupo de iguais... entre outras.

Partiremos do que xa sabemos para seguer proporcionándolles aprendizaxes significativas e funcionais, aprendizaxes para a vida. Partiremos entón do coñecemento do propio corpo para ir introducindo de xeito progresivo novos contidos, á vez que afondamos no xa aprendido, cunha metodoloxía que vaia do máis próximo ao máis lonxano, do máis concreto ao máis abstracto, tendo en conta o desenvolvemento dos esquemas do alumnado infantil.

Nun tema tan rico e amplo, non queremos esquencer a importancia do factor social. Estamos a vivir unha crise sanitaria que pon de relevancia a repercusión das accións individuais no colectivo, a necesidade de coidarnos para protexer aos demáis e á súa vez ponse de manifesto o papel do grupo no benestar persoal.

Esquema corporal, autoconcepto, autoestima e identidade sexual serán contidos fundamentais neste proxecto, pois constitúen aspectos fundamentais no desenvolvemento posterior e o traballo nas aulas desde idades temperás evitará sen dúbida posible situacións de acoso e/ou dificultades de socialización no futuro, contribuíndo a unha sociedade máis libre, respectuosa, responsable e tolerante.

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25-N

 DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. 



Queridas familias: 

Preparando as actividades coas que imos traballar esta conmemoración na escola, atopeime con esta imaxe, trátase dun cartel realizado pola ilustradora Elisabeth Martínez, gañadora da oitava edición do Concurso de Artes Visuais contra a Violencia de Xénero, organizado pola Consellería de Asuntos Sociais da Comunidade de Madrid. 

Dúas palabras: AMOR e RESPECTO. Amor e respecto cara a muller. Dous valores que teñen que nacer en nós mesm@s. Por iso, está ben dicirlles ás vosas fillas que son fermosas (de seguro que o son, para calquer pai e nai a súa crianza é a máis fermosa do mundo), facerlles saber que sempre, aínda cando sexan persoas adultas e xa non o precisen, as ides protexer porque son o voso ben máis prezado...pero reflexionade un intre o importante que será para ela e para a súa autoestima saber que credes que son fortes, creativas, orixinais, independentes, emprendedoras, capaces, intelixentes...

Pensade un intre (non vos fará falta máis tempo) nesa cualidade que a define, e facédelle un agasallo lembrándolla nesta data tan significativa para que nunca a esquenza. 

Facédelle ver tamén a labor das mulleres que, ao longo da historia, traballaron para que mulleres e homes desfruten dos mesmos dereitos e privilexios porque, aínda que é o xusto e normal, desgrazadamente, non sempre é así. E por suposto que valoren os esforzos doutras mulleres e tamén de moitos  homes que loitaron e loitan pola igualdade. 

FELIZ DÍA 💜


sábado, 14 de noviembre de 2020

TRABALLo No REcUNcHo DE BIBLioTEcA






 

PiNTAMos As cABAzAs DE YAYoi


 

O INTRE DE RELAXACIÓN

Todos os días cando voltamos do patio temos un intre de volta á calma ou relaxación. Este intre permite a volta á calma e permite acougar o corpo e a mente para centrarnos na seguinte actividade. En cursos anteriores podiamos facer algún xogo (“cociñar espaguetis”, un conto motor, unha secuencia de ioga...), agora e debido ao protocolo anti-covid temos un pouquiño máis de dificultade pero despois de ir ao baño, hixienizar as mans, beber auga... facemos unha breve relaxación individual descansando o corpo mentres escoitamos unha canción ou peza musical instrumental. Estes días estivemos a escoitar O outono de Vivaldi. 







domingo, 8 de noviembre de 2020

MiNiPRoxEcTo YAYOi



Continuamos a traballar no noso miniproxecto sobre Yayoi Kusama. 

Visualizamos un vídeo sobre Yayoi para coñecer a súa biografía e comprender un pouco mellor a súa obra.



Pintamos as nosas kokeshi de Yayoi Kusama, bonecas de madeira inspiradas na artista. As kokeshi son bonecas tradicionais xaponesas orixinarias da rexión de Tohoku, no norte de Xapón. Son bonecas pintadas a man coas que se agasalla ás amizades como símbolo de unión. Con isto facemos unha pequena homenaxe a unha antiga tradición que data do período Edo e segue vixente na sociedade actual do Xapón. Así quedaron as nosas:


E agora temos a Yayoi e á súa habitación infinita tamén no recuncho de minimundos. 


Esta é a exposición que fixemos coas nosas acuarelas do retrato de Yayoi. 


E aínda estamos a decorar as nosas cabazas ao estilo Yayoi, imos despaciño porque as cousas ben feitas levan o seu tempo, aquí unha fotiño do proceso. Pronto amosaremos o resultado. 












domingo, 1 de noviembre de 2020

SAÚDoS DE SIMA

 A nosa amiga Sima mándanos saúdos dende Jordania. Alí non están indo á escola, suspendeuse por mor do coronavirus. Por iso, Sima non perde de vista o noso blog e está moi atenta ao que facemos, incluso de cando en vez anímase a facer algunha actividade: aquí a tedes coas gafas de Yayoi 😄😄


Envíanos un saudiño agarimoso. 

Lembrámonos moito de ti, Sima!! ❤️

SAMAÍN

A pasada semana celebramos o Samaín na escola coa realización de múltiples e variadas actividades:

- O cemiterio de contos: cada día á hora do conto resucitamos un conto de medo.





- Modelamos o Samaín: creamos con plastilina un elemento característico do Samaín e os expusimos no cemiterio. 



- Elaboramos as nosas cabazas.




- Buscamos personaxes ocultos nunha casa enmeigada.




- Escoitamos o video musical “Qué medo” da banda MedoMedá (tedes o enlace na pestaña AS NOSAS CANCIÓNS) e fixemos as nosas propias manchas, nas que descubrimos criaturas ocultas.



- Seleccionamos un personaxe da canción e traballamos sobre el: o personaxe elexido foi A MARUXAINA. Escoitamos a súa historia e fixemos un pequeno traballo plástico para debuxar a súa cara e decorar a cola de peixe con escamas de papel de aluminio. Como curiosidade, tod@s preferiron debuxar unha cara bondadosa, co cal podemos dicir que indultamos á Maruxaina. 

E o venres viñemos á escola disfrazados. Feliz SAMAÍN 2020!!